Friday 03 de May de 2024

Gran afluencia de taekwondistas e público no Campionato Galego de Taekwondo Sub 21 e Cadete celebrado en Ordes


Máis de 250 taekwondistas de más de 30 clubs procedentes de toda Galicia desprazáronse esta fin de semana ata Ordes para dar o mellor de si no Campionato Galego de Taekwondo Sub 21 e Cadete. Unha proba clasificatoria para o Campionato de España na que participaron campións e subcampións nacionais, así como medallistas a nivel europeo. Entre os competidores e competidoras que lograron levantar ao público dos seus asientos estiveron as locais do club Boudsport Sara Gacio, Carla Diéguez, Manuel Castro, Claudia Diéguez, Sara Soneira, Rodrigo Varela. Todos e todas termiraron subindo ao podio para recoller o seu metal nas respectivas categorías.

Entre os asistentes a esta proba estiveron José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes, e os concelleiros Xosé Manuel Mira e Ana Soneira. Tampouco faltaron por parte da Federación Galega de Taekwondo Xoán Carlos Eiriz e Esperanza Meilan, presidente e directora do Departamento de arbitraxe respectivamente, así como Roberto García, xefe do Servizo Provincial de Deportes.